BannerEntroido
BannerArribada

decembro, 2019

20dec(dec 20)20:0026xan(xan 26)20:15¿Qué te pica?ARTE E MUSEOS | De balde(decembro 20) 20:00 - (xaneiro 26) 20:15 Cubo Vigo

Máis

Detalles do evento

¿Qué te pica? Ash Santos y Rubén Carrera “-¿Qué te pica? -<Insertar respuesta> -Jajaja, ¡qué bueno!” Os planetas de Alberto “ Ash” Santos e Rubén Carrera chocan nunha mostra na que, a través dun proceso de catarse amparado na formación non regrada dentro da Fundación Igual Arte, exploran as súas particulares obsesións co fin de tentar dar resposta a esa cuestión transcendental que dá título á exposición. Entre representacións de michos, escualos e osos vampiros percíbense trazos crus, inmersos nunha realidade estereotípica e aparentemente inxenua, marcada por profundas experiencias. Afastados das normas, renegando dos convencionalismos e os artificios estéticos, envorcan toda a súa enerxía nunha serie de pezas repletas de magnetismo irracional. Alberto “Ash” Santos (Vigo, 1986) é un artista e profesor que desenvolve o seu labor docente na Fundación Igual Arte e na Escola Universitaria de Maxisterio CEU. A súa produción artística caracterízase pola súa multidisciplinariedad e a recorrencia a elementos do grafiti, a arte skater e o punk, evidenciando os procesos e contando coa participación activa do espectador. A súa obra foi seleccionada por marcas como Volcom Clothing (Costa Mesa, California) e galerías como Think Tank (Los Ángeles, California) e Improper Walls (Viena). Rubén Carrera é un alumno de Ash na Fundación Igual Arte. Encántalle debuxar e pintar, e pensa que o mundo está cheo de monstros e peluditos. Adoita saudar ao comezar cada clase cun sonoro “que che pica?”, o que dá inicio a un singular proceso creativo. A fundación Igual Arte é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2002; creada e formada por profesionais da educación e da arte. Declarada fundación de interese galego pola Consellería de cultura da Xunta de Galicia. No ano 2010 recibiu o galardón ao “Proxecto cultural máis innovador e vangardista” que outorga a Deputación de Pontevedra polo seu labor levado a cabo no campo artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais.

Duración: 20 de decembro de 2019 ao 26 de xaneiro de 2020
Horario: Aberto polas tardes entre semana (de 17.30 a 19.30.) e os sábados, mañá e tarde.

Hora

Decembro 20 (Venres) 20:00 - Xaneiro 26 (Domingo) 20:15

Lugar

Cubo Vigo

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

X