XERAIS

26mar19:30'Que sexa livián': arte, proceso e diálogo esta semanaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Apo'strophe Sala de Arte

Detalles do eventos

Esta semana, dúas novas actividades súmanse á exposición ‘Que sexa livián’, proponse un espazo de encontro arredor da creación artística e a exploración dos sentidos, cun programa que convida a mirar máis alá das formas e a conectar con novos significados.

O mércores 25 de marzo ás 19:30 terá lugar o conversatorio en sala ‘Territorio de sentidos’, un encontro que afonda no proceso creativo da artista Yanina Sgro. A través de percorridos urbanos, materiais atopados e relacións con outros universos artísticos, abrirase unha reflexión sobre como se constrúe e se transforma a obra.

O xoves 26 de marzo ás 19:30 será a quenda de ‘LE-MONDE. Arte e Tarot: un diálogo posible’, unha proposta que convida a explorar as conexións entre arte e simbolismo, abríndose a novas posibilidades e sincronicidades da man dos arcanos. A actividade estará conducida por Candelaria Magliano.

Dúas citas para achegarse á arte desde a experiencia, o diálogo e a sensibilidade.

Hora

26 marzo, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

Apo'strophe Sala de Arte

Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events