decembro, 2019

27dec21:00Qué Onda! FestFESTIVAL | Desde 5,50€21:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

O Qué Onda! é un festival benéfico nado no ano 2018 grazas á colaboración de máis de 50 artistas (músicos, ilustradoras, escritores, fotógrafas…) que uniron os seus talentos para axudar á protectora de animais Proyecto Gato.

O festival naceu como un evento único inspirado por Jorge, “Gato” (artista e músico vigués falecido durante o verán de 2018), co obxectivo de fornecer ó público dun espazo onde a música, a arte e en definitiva a cultura puidesen ser as protagonistas, e onde o intercambio cultural axudase a recadar fondos para unha boa causa.

A acollida da primeira edición foi alucinante e inesperada (cunha recadación de máis de 1000 € para Proyecto Gato). O festival demostrou (só con ver o ambiente da sala) que o público vigués clama por ter eventos culturais e solidarios ós que poder asistir para compartir arte, bailar, debater, e coñecer xente cos mesmos intereses ca eles. E non hai escusa posible para quedar na casa, porque o festival é un evento para todos os públicos, polo que as crianzas poderán participar tamén da vida cultural.

Así que este ano volve o Qué Onda! ó centro da cidade, coas pilas cargadas e unha morea de cousas novas que ofrecerlle ó público. Xa sexas amante dos animais, da música, da pintura, da fotografía, da arte en xeral ou se só queres pasalo ben nun sitio no que te sintas cómodo, o Qué Onda! Fest é o teu festival.

Entrada anticipada 5,50 euros | En taquilla 7 euros

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X