
Detalles do eventos
Ao longo dos meses de abril e maio, que Afundación dedica á saúde emocional, o recoñecido psicólogo Rafael Guerrero estará en directo con catro conferencias dentro do ciclo
'Que é a autoestima?' con Rafa Guerrero
Ao longo dos meses de abril e maio, que Afundación dedica á saúde emocional, o recoñecido psicólogo Rafael Guerrero estará en directo con catro conferencias dentro do ciclo ‘Educación Século XXI’. Nestos encontros analizaranse cuestións vinculadas á saúde emocional e aos comportamentos na adolescencia, unha etapa clave no desenvolvemento das persoas.
‘Que é a autoestima? Estratexias para potenciala en tempos de crise’ é a segunda conferencia do ciclo. Terá lugar o xoves 6 de maio ás 18:00 de maneira online a través de Afundación TV. O acceso é libre e gratuíto.
Os contidos están accesibles tamén en diferido e difúndense a través das RRSS da Obra Social de ABANCA.
Máis

(Xoves) 18:00
Detalles do evento virtual
RUN
O evento xa tivo lugar!