FAITE AMOVIDALOVER

21xuñ11:0013:00Malabares e acrobacias en 'Puro Circo'ACTIVIDADES DEPORTIVAS | 20,00 €11:00 - 13:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada ofrece, o sábado 21 de xuño de 11:00 h a 13:00 h, unha nova entrega do obradoiro de iniciación ás técnicas circenses ‘Puro Circo’: un taller multidisciplinar, dirixido a adultos, para experimentar con malabares, acrobacias e equilibrios. Será impartido por Atípico, un proxecto de circo educativo e recreativo de Claudio Casaccia, malabarista e monitor de circo.

Non son necesarios coñecementos previos, xa que o principal obxectivo é que os participantes coñezan os beneficios das técnicas circenses, o desenvolvemento das habilidades interpersoais, a cooperación e a superación persoal. Todo isto, nun ambiente lúdico e de diversión.

Empregaranse elementos como foulards, pelotas, pratos chinos… E realizaranse portés en grupo e distintas prácticas de equilibrismo.

O prezo da inscrición é de 20,00 €.

ENTRADAS

Hora

21 xuño, 2025 11:00 - 13:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events