PUMA PUMKU – A Movida

abril, 2018

19abr22:00PUMA PUMKUCONCERTO | 5,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Moito, e moi ben, leva falándose durante este último ano sobre Puma Pumku. Un nome tras o que se refuxian Amadeo Varela, Guillermo Cavero -Pamper-, Francisco Varela, Óscar Raña -Pulpo- e Álvaro Dosil -Coque-. Cinco amigos que, tras tocar en diversas formacións, uniron os seus camiños a través dunha personalísima visión da psicodelia, o dream pop, o space rock e a música experimental.

Todos os elementos que agora coexisten en “Is It In You?” atopábanse xa dalgunha forma no seu primero Ep, unha maqueta de nome homónimo (Puma Pumku, 2013) que facía presaxiar as dotes alquimistas da banda á hora de traballar os sons, coidar os matices e crear atmósferas tan desconcertantes como adictivas.

A principios do 2014, mentras se curten con concertos por toda Galicia e Portugal, graban o seu primeiro álbum con Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño (Triangulo de Amor Bizarro), encaixando así as pezas dun puzzle que soa á vez clásico e moderno, salpicado de guitarras que se mesturan e voces que falan de mundos que non están neste. 0s sons resultantes poden lembrarnos po momentos a Deerhunter ou Brian Jonestwon Masacre, bandas referente para os mozos galegos, xunto a indispensables como Pink Floyd, Neu!, Can ou King Crimson.

‘Is It In You?’ é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes mozos, cuxa xuventude é a antesala de algo máis grande que está por vir.

Para conseguir a túa invitación, entra no facebook de Super Bock e participa no sorteo de entradas dobles.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X