ENCORDASS

Este é un evento repetitivo

17mai18:00'PUM! PUM! QUEN HAI?'ESPECTÁCULOS | 10,00 €18:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A Sala Ártika acolle Pum! Pum! Quen hai?, unha comedia musical familiar de Ártika Cía, que nos leva a unha aldea galega onde cada día é un xogo. A través das aventuras de Gaia e os seus veciños, a obra explora a curiosidade, a diversidade e a importancia da comunidade. Un espectáculo cheo de humor, música e emoción, recomendado para nenos e nenas maiores de catro anos. A peza está dirixida por Marcos Alonso, quen, ademais, actúa na mesma xunto a Fernanda Barrio e Rocío Salgado.

SINOPSE

Nunha pequena aldea galega, Gaia, unha nena curiosa e enxeñosa, pasa os seus días explorando e xogando cos veciños. A súa Tía Maruxa e Don Rosmón acompáñana en divertidas aventuras, onde cada porta agocha un segredo e cada día trae unha nova sorpresa. Pero cando chegan misteriosos novos habitantes, a comunidade enfronta os seus medos entre equívocos cómicos e situacións inesperadas. Pum! Pum! Quen hai? é unha comedia musical que celebra a curiosidade, a diversidade e o valor da convivencia, mesturando humor, música e emocións nun espectáculo perfecto para toda a familia.

ENTRADAS AQUÍ.

Máis

Hora

17 maio, 2025 18:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events