>

16abr18:00Rueda Academia de Cine: Proxección de curtametraxesACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Consorcio Zona Franca de Vigo

Detalles do eventos

Rueda Academia de Cine, programa de desenvolvemento audiovisual impulsado pola Academia de Cine española, chega a Vigo do 15 ao 19 de abril. Contará con algunhas actividades pechadas aos participantes desta iniciativa pero tamén con outras abertas a todo o público. Algúns dos participantes destas xornadas son Fernando León de Aranoa, Carla Simón, Álvaro Gago, Mickey Down, Conrad Key e Pedro Feijoo.

ACTIVIDADES GRATUÍTAS ABERTAS AO PÚBLICO:

O martes 16 de abril ás 18 horas no Auditorio de Zona Franca. proxección de curtametraxes dos participantes de Rueda e coloquio posterior. As curtametraxes son:
“Imade”, de Ignacio Acconcia
“Óleo sobre viento”, de Alejandro Pérez;
“O niño dos paxaros”, de Lucía Estévez
“O proceso teatral”, de Olivia Delcán.

Xoves 18 de abril ás 19 horas no Marco (Galería A3). Proxección dos dous primeiros capítulos da segunda tempada da serie
‘Industry’ (HBO) e coloquio cos seus creadores, Mickey Down e Konrad Kay.

Venres 19 de abril ás 18 horas no Marco (Galería A3). Proxección de ‘Los lunes al sol’ e coloquio co seu director, Fernando León de Aranoa.

Nas tres actividades a entrada é gratuíta ata completar aforo

Programa completo de actividades nesta ligazón.

Hora

16 abril, 2024 18:00(GMT+02:00)

Localización

Consorcio Zona Franca de Vigo

Rúa do Areal, 46, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events