Proxectos de Fin de Estudos EMAO 2018 – A Movida

outubro, 2018

19out19:00Proxectos de Fin de Estudos EMAO 2018INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde19:00 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

Dentro do Plan de Estudos da Escola de Artes e Oficios de Vigo inclúese, para o alumnado que remata os seus estudos nas distintas especialidades, a opción de cursar un Nivel Avanzado. Neste nivel educativo desenvolve, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasma as aprendizaxes e competenciastécnicas e artísticas do seu paso pola especialidade cursada na Escola.

Este proxecto individual -seleccionado previamente polo seu mestre/a, e dirixido por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime presencial en taller- pode ter un carácter investigador, creador, de emprendemento empresarial ou laboral, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais…

Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, preséntanse algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2017-2018. Un ano no que materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos. En todos eles plásmanse materialmente os obxectivos de excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

FICHA DA EXPOSICIÓN
Proxectos de fin de estudos 2018

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 19 de outubro ao 5 de decembro de 2018 (agosto pechado). Inauguración 19 de outubro ás 19:00 horas
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X