Proxectos 2019

23abr(abr 23)19:0004xuñ(xuñ 4)21:00Proxectos 2019ARTE E MUSEOS | De balde(abril 23) 19:00 - (xuño 4) 21:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

PROXECTOS 2019. Exposición de proxectos de fin de estudos do alumnado do Curso Avanzado EMAO 2018-19

Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19 durante o ano 2020, a Escola Municipal de Artes e Oficios retoma a súa actividade expositiva no Espazo EMAO. Reábrese esta sala coa exposición “Proxectos 2019” que reúne os traballos de excelencia do alumnado que rematou os seus estudos das distintas especialidades no curso 2018-19.

En concreto, das especialidades de Cerámica artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construción artesanal de instrumentos musicais -Zanfona, Deseño e encaixe de palillos e Artesanía en coiro.

As 51 obras que aquí se exhiben confórmanse como plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdiciplinariedade.

Proxectos 2019 é a séptima edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciou a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos coa mostra Proxectos 2013.

Datas: do 23 de abril ao 4 de xuño de 2021
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00

Máis

Hora

Abril 23 (Venres) 19:00 - Xuño 4 (Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events