VIALIA
bannerPicnicSesions

Filmes, concertos e coloquios para conmemorar o 25N en Vigo

23nov20:00Filmes, concertos e coloquios para conmemorar o 25N en VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Hoxe, martes 23 de novembro, arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan conxuntamente co Consello Municipal da Muller.

Entre os meses de novembro e decembro acollerán proxeccións de filmes, presentacións de libros, coloquios, accións reivindicativas,  xornadas formativas, actuacións musicais, etc Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o 1 e 2 de decembro celébranse unhas xornadas formativas cuxos obxectivos son:

• Fomentar a participación e implicación da poboación viguesa na promo ción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero.

• Habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero.
• Visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.

Para participar nestas xornadas é preciso reservar praza escribindo a: xornadas.igualdade@vigo.org

A programación bota andar esta tarde ás 20.00 horas coa proxección no Auditorio do Concello o filme Jaime Balaguer ‘Solo mía’.

SINOPSE. Foi amor a primeira vista. Ao principio, Ángela alimentaba mil formas de amar a Joaquín e cando quedou embarazada, ambos sentiron ditosos. Ata que chegou o primeiro reproche, o primeiro berro e a primeira labazada. Só foi necesario un mal día para que Joaquín, por primeira vez, golpeásea brutalmente.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events