
Proxección 'Segredos adolescentes' + faladoiro
31mai19:30Proxección 'Segredos adolescentes' + faladoiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30
Detalles do eventos
Este mércores 31 de maio, ás 19.30h, preséntase en Vigo un proxecto sobre segredos: diarios de adolescencia feminina, cultura de dormitorio, escrita íntima, espazos propios. Unha investigación que
Detalles do eventos
Este mércores 31 de maio, ás 19.30h, preséntase en Vigo un proxecto sobre segredos: diarios de adolescencia feminina, cultura de dormitorio, escrita íntima, espazos propios. Unha investigación que durante os últimos 5 anos recolleu diarios secretos, escritos por mulleres diversas cando eran nenas, mozas, escritos para ninguén, para elas mesmas. Eses libros, reunidos e abertos por primeira vez, falan da mocidade en primeira persoa, trasladando un relato distinto, íntimo, ousado, da experiencia medrar como muller na nosa sociedade.
O proxecto consiste nunha recollida de obxectos e memoria oral en torno ás escritas do eu e a partir do obxecto do diario íntimo. Co arquivo recompilado durante os pasados anos, a investigadora e cineasta lucense Xiana do Teixeiro, que coordina o proxecto, está a construír uhna longametraxe documental “íntimo e colectivo ao tempo”, segundo a directora; tamén se teñen feito exposicións e publicacións editoriais. O día 31 de maio preséntase no espazo A Morada (Enrique X Macías, Vigo), nunha actividade con espazo para compartir materiais e fragmentos do filme en produción e un faladoiro coas asistentes. As persoas participantes están convidadas a traer lembranzas, memorias ou obxectos do universo dormitorio adolescente / diario íntimo.
“O diario é un obxecto que se adoita presentar como regalo ás nenas cando son aínda cativas. Nalgúns casos, a nena-moza convértese en dona da páxina, fai dese lugar o seu espazo propio (ás veces, o único do que dispón). Esa relación ca escrita íntima, esas cartas a unha “eu” futura, despregarán ramificacións durante toda a nosa vida. A nosa investigación parte do diario adolescente, pero interésanos todo o que ten que ver con esa escrita feminina non produtiva: a conservación, a destrución, a herdanza, o descubrimento. Neste eido xorden posibilidades potentes como as de xenealoxía e grupo”, comenta a cineasta.
A investigación do “Proxecto Diario” segue aberta, esta semana en Lugo poderanse achegar contribucións e ideas á equipa do filme. A cita é no espazo A Morada, iniciativa feminista de Vigo, que acolle unha cita para coñecer e formar parte dun proxecto sobre memoria intanxible e materiais invisibles (literarios, gráficos, emocionais, íntimos).
Xiana do Teixeiro é cineasta. A súa primeira longametraxe, a multipremiada Tódalas mulleres que coñezo, rodada en Galicia, é un dos filmes documentais máis vistos en pantallas non só cinematográficas senón de espazos de educación e pensamento. A película, un documental empoderador sobre espazo público, xénero e liberdade, continúa a ser empregado como recurso educativo en distintas comunidades autónomas, despois de ter sido estreado en 4 continentes. O filme formou parte durante este curso escolar dunha oferta educativa promovida pola área de Igualdade (Concello de Vigo), en forma de obradoiro para a convivencia non violenta e máis participada dos nosos espazos compartidos.
Máis

Hora
(Mércores) 19:30
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra