REVISTA ABRIL

Proxección: "Nación"

17set19:00Proxección: "Nación"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante este mes de setembro, o Servizo de Igualdade programa no Auditorio Municipal, a proxección de tres filmes dirixidos por cineastas galegas con posterior coloquio coas directoras.

-Venres, 17 de setembro ás 19:00 h. Proxección do filme “NACIÓN”, de Margarita Ledo Andión, con posterior coloquipo coa directora.

Breve sinopse: “ A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.”. 92 min. Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega S.L

Martes, 21 de setembro ás 20:00 h. Proxección do filme ” A POETA ANALFABETA” de Sonia Méndez, con posterior coloquio coa directora. 71 min.

Breve sinopse: “ Unha longametraxe documental sobre a figura da poeta e activista Luz Fandiño”. Produción: Cósmica Producións.

Mércores, 22 de setembro ás 20:00 h. Proxección do filme “PERSOAS S.A.” de Carmen PG Granxeiro, con posterior coloquio coa directora. 82 min.

Breve sinopse: “Unha diversa realidade máis alá do cisheteronormativo agarda nesta historia colectiva de recordos, reflexións e amizades dun verán marcado pola pandemia”. Produción: Cristina Palacios Castro – Asociación ARELAS

Todas as proxeccións serán no Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº

Entrada de balde. Aforo reducido

Apertura de portas 20 minutos antes do comezo de cada sesión.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events