Detalles do eventos
‘AS MARIDAXES FAMILIARES’ Para a meirande parte das persoas, a idea xeral de familia funciona como un referente de coidado, aprendizaxe e protección: un espazo
Detalles do eventos
‘AS MARIDAXES FAMILIARES’
Para a meirande parte das persoas, a idea xeral de familia funciona como un referente de coidado, aprendizaxe e protección: un espazo onde nacen as emocións, tanto positivas como negativas que, aínda sendo nun inicio adaptativas, poden chegar a volverse en contra. Os patróns de crianza, as expectativas culturais e as dinámicas afectivas da contorna son elementos que moldean a unidade familiar ao longo das xeracións.
Cada situación familiar é única, mais o traballo de integración para unha boa convivencia supón sempre un reto. Desta diversidade cultural nos distintos contextos xeográficos, así como da pluralidade de propostas e limitacións, nace este ciclo. Nel preséntanse personaxes que retratan contornas tóxicas e violentas ás que cineastas de diversas orixes procuran dar visibilidade.
En ‘Os raios Gamma’, o director Henry Bernadet constrúe unha obra a cabalo entre a ficción e o documental, rodada coa mocidade de comunidades inmigrantes do barrio de Saint-Michel, en Montreal, ás que acompañou durante tres anos. A través de familias chegadas do norte de África, articúlanse tres historias paralelas ao longo duns días no barrio, ofrecendo un retrato urbano que procura achegar un raio de esperanza a unha realidade frecuentemente estigmatizada pola sociedade e os medios.
En ‘Manas’ (abreviatura de irmáns), a directora brasileira aborda unha realidade que descoñecía antes da rodaxe, froito dunha década de investigación sobre a prostitución infantil na selva brasileira e os abusos sufridos por nenas, nais e avoas nun ciclo de violencia que semella perpetuarse como única realidade posible. Trátase dunha obra de ficción, dada a dificultade de atopar testemuñas dispostas a participar.
Finalmente, en ‘A sombra do meu pai’, o nixeriano Akinola Davies Junior presenta a súa primeira longametraxe cunha ollada que combina o observacional e o simbólico, o íntimo e o ambiental, construíndo un relato emotivo e sólido. A película funciona como unha homenaxe á figura paterna e, ao mesmo tempo, como un exercicio de memoria histórica, desenvolvéndose ao longo dunha única xornada na que a historia do país africano se entrelaza coa memoria familiar.
Hora
4 maio, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio



