REVISTA FEBREIRO

Proxección gratuíta de 'Excluídas del paraíso' con motivo do 8M

05mar(mar 5)19:00Proxección gratuíta de 'Excluídas del paraíso' con motivo do 8MACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(marzo 5) 19:00(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O Concello, en colaboración co Museo Marco e a Biblioteca Xosé Neira Vilas, anunciou a primeira das actividades programadas con motivo do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller: a proxección do documental “Excluídas del paraíso” (2016), producido e dirixido por Esther Pérez de Eulate. A reprodución terá lugar no Salón de Actos do MARCO o martes 5 de marzo ás 19 horas.

Excluídas do paraíso é unha longametraxe documental que pon ao descuberto algunhas das formas de opresión do sistema patriarcal que persisten en occidente hoxe en día, en particular na sociedade española. Coa participación das pensadoras feministas: Ana de Miguel, Ochy Curiel, Pablo Chamas, Pilar Aguilar, Remedios Zafra, Rosa Cobo, Soledad Murillo e Yayo Herrero. O documental articúlase en dous niveis de narración: un teórico, a través de entrevistas a pensadoras feministas, e outro visual, con imaxes aparecidas nos medios e que reafirman a ideoloxía do patriarcado. A idea é dotar de discurso crítico ás imaxes que nos tragamos diariamente e que sustentan a desigualdade. O tratamento é ameno, con creatividade, pero non exento de rigor.

A entrada para acudir ás proxección é de balde ata completar aforo. As persoas inscritas no club de lectura do MARCO ou da Biblioteca Municipal Neira Vilas poden reservar praza desde o 27 de febreiro ata o 4 de marzo no enderezo centro.documentacion@marcovigo.com indicando o seu nome e apelidos, ou no teléfono 886 129 426.

Máis

Hora

5 marzo, 2024 19:00(GMT+01:00)