Este é un evento repetitivo

Proxección 'El Tirabeque'

25nov20:00Proxección 'El Tirabeque'ACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O venres 25 de novembro estréase en cines ‘El Tirabeque’, o novo filme de Darío Autrán. Despois de presentarse no Festival de Cine de Ourense e sendo candidata a 13 Premios Goya, entre eles mellor director, actor revelación e guión orixinal, chega un ano despois da súa película ‘El cuarto de Mona’. No reparto atopamos actores e actrices como Celso Bugallo, Manuel Manquiña, Melania Cruz e Sabela Hermida.

SINOPSE
Sebastián Delgado, máis coñecido como Sebas, intenta non ser despedido como periodista no diario El Habitante, mentras busca arranxar o seu matrimonio á vez que intenta superar os seus problemas co alcohol. Está nun momento no que toda a súa vida derrúbase. Como última oportunidade laboral encárganlle unha reportaxe sobre os tirabeques. No que nun principio parecía un traballo tranquilo, convertirase nunha investigación de consecuencias impredicible.

Os cines Salesianos organizan unhas proxeccións o venres, sábado e domingo nas que contarán coa presenza do director e parte do equipo da película.

Venres 25, sábado 26 e domingo 27 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events