ORQUESTRA CLÁSICA

02mai17:30O director Ángel Santos acompañará dous pases do seu novo filme 'Así chegou a noite' en VigoACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 7,50 €17:30(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

 Así chegou a noite,  o último filme de Ángel Santos, xa está nos cines. Nesta primeira fin de semana do filme en salas fará dúas paradas especiais en Vigo: o director Ángel Santos e os protagonistas Violeta Gil e Denís Gómez, acompañarán o filme o sábado 2 de maio ás 17:30 nos Multicines Norte e ás 19h30 nos cines Tamberlick.

Despois de pasar por múltiples festivais como o de Uruguai, BAFICI (Arxentina) o D’A de Barcelona ou o Festival Internacional de Cine de Xixón -no que Santos gañou o galardón á mellor dirección da Sección Oficial Internacional-, o filme poderá por fin compartirse co público en varias salas do país a partir deste xoves 30.

Así chegou a noite é un filme rodado integramente en Galicia no que explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor

Protagonizada por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), en Así chegou a noite, “un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.” 

Hora

2 maio, 2026 17:30(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events