Detalles do eventos
Así chegou a noite, o último filme de Ángel Santos, xa está nos cines. Nesta primeira fin de semana do filme en salas fará dúas paradas especiais en Vigo: o director Ángel
Detalles do eventos
Así chegou a noite, o último filme de Ángel Santos, xa está nos cines. Nesta primeira fin de semana do filme en salas fará dúas paradas especiais en Vigo: o director Ángel Santos e os protagonistas Violeta Gil e Denís Gómez, acompañarán o filme o sábado 2 de maio ás 17:30 nos Multicines Norte e ás 19h30 nos cines Tamberlick.
Despois de pasar por múltiples festivais como o de Uruguai, BAFICI (Arxentina) o D’A de Barcelona ou o Festival Internacional de Cine de Xixón -no que Santos gañou o galardón á mellor dirección da Sección Oficial Internacional-, o filme poderá por fin compartirse co público en varias salas do país a partir deste xoves 30.
Así chegou a noite é un filme rodado integramente en Galicia no que explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor
Protagonizada por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), en Así chegou a noite, “un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.”
Hora
2 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)
Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra


