Proxección documental 'Schistostega Pennata. O musgo que pode salvar as nosas parroquias'
Detalles do eventos
A través do documental Schistostega, o musgo luminoso que pode salvar unha parroquia, mostrase a relevancia do único musgo capaz de reflexar luz esmeralda na
Detalles do eventos
A través do documental Schistostega, o musgo luminoso que pode salvar unha parroquia, mostrase a relevancia do único musgo capaz de reflexar luz esmeralda na escuridade que a veciñanza movilizada esta defender fronte á construción do vial de alta capacidade que pretende dividir as nosas parroquias. AVIBE (Afectados polo Vial de Beade) é a plataforma de veciños de Beade, Bembrive, Castrelos e Sárdoma que loitan para que o vial PO-010 non destroce os seus fogares e os ecosistemas dos Ríos Eifonso e Barxa.
Sobre o documental
A asociación AVIBE vén de descubrir na súa contorna un xacemento natural de gran interese patrimonial para Galicia. Trátase dun musgo luminescente: o Schistostega pennata. Este tipo de planta está catalogada como vulnerable nas dúas listaxes de referencia de especies en perigo de extinción con influencia en Galicia. No Atlas e Libro Vermello dos Briófitos Ameazados de España, do Miteco; e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, da Consellería de Medio Ambiente. O CSIC puxo tamén o foco neste achado pasando o punto onde se atopou este musgo na provincia de Pontevedra a formar parte dun novo e pioneiro artigo científico.
O Schistostega pennata é o único musgo coñecido na península Ibérica coa capacidade de reflectir luz esmeralda nunhas condicións de escuridade bastante densas. Aínda que puidese parecer relacionado, estes reflexos non teñen nada que ver con outros fenómenos naturais como a fosforescencia ou a biofotoxénese como no caso da ardora. En toda a península apenas se deron atopado nunha ducia de localizacións á que vén de sumarse este novo achado nunha bicentenaria mina de auga da parroquia de Beade, en Vigo (Pontevedra, Galicia). A súa clasificación taxonómica colócao como excepcional no seu grupo biolóxico.
Pero o descubrimento vai moito máis alá do interese científico e da súa adscrición ao patrimonio natural da comarca. Podería ter implicacións no futuro urbanístico da cidade máis grande de Galicia. É iso posible? Até o momento, hai unha cousa clara: a mina que contén ao musgo, xa de seu cun singular valor patrimonial, está situada exactamente no trazado dun polémico viario proxectado en Beade no novo plan urbanístico e que foi protagonista de boa parte das mobilizacións da cidadanía viguesa nos últimos dous anos. Se o plan urbanístico segue adiante e supera todas as fases ata a aprobación definitiva, unha estrada de alta capacidade atravesará toda a parroquia. Pasos elevados, tramos subterráneos e outros á mesma altura que as vivendas.
AVIBE quere chegar á sociedade en xeral e en especial a mocidade e inculcar o respecto polo medio ambiente deixando constancia deste xacemento cun incalculable valor patrimonial e da súa loita veciñal. A nosa contorna está repleta de espazos naturais de incalculable valor. A flora e a fauna son bens que deben ser primeiro coñecidos para pór en valor o seu potencial no mundo que nos rodea e así fomentar a súa protección. A crise climática na que estamos inmersos presenta un importante reto social: a sociedade debe respectar a contorna na que vive poñéndoa en valor. AVIBE quere mostrar que o rural da cidade de Vigo é moi especial tal e como demostra a presenza deste musgo singular poñendo sobre a mesa que debe ser protexido.
A peza documental Schistostega baséase no valor patrimonial cientificamente probado do Schistostega pennata presente nesta parroquia xenuinamente rural de Vigo. O musgo atópase nunha mina de auga de, polo menos, douscentos anos de antigüidade polo que é susceptible de ser estudado tamén como xacemento arquitectónico. Conxuntamente co propio musgo, protagonista da curtametraxe, constitúen un lugar de obrigada conservación, que debería entrar a ser valorado como unha paisaxe cultural. Por outra banda, o patrimonio cultural inmaterial que se extrae da curtametraxe documental Schistostega é de innegable valor.
Máis
Hora
27 setembro, 2024 20:30(GMT+02:00)
Localización
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes