xullo, 2019

04xul20:10Proxección documental: 'Cárceles bolleras'ACTIVIDADES PARA O COCO | 4,60 €20:10 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

O documental ‘Cárceles Bolleras’ é un traballo de investigación da directora e guionista arxentina Cecilia Montagut. Preséntase mañá, xoves 4 de xullo, nos Multicines Norte de Vigo nunha única sesión ás 20:10h en colaboración coa Coordenadora de Centros Sociais do Sudoeste da Galiza e dentro das IV Jornadas LGTBIQ+ .

A presentación estará acompañada dun posterior coloquio coa súa directora Cecilia Montagut e produtora Raquel Osborne, xunto coa Asociación Nós Mesma de Vigo, no que analizarán a realidade das persoas LGTBIQ+ privadas de liberdade.

O documental tivo como punto de partida a visibilización das relacións sexo-afectivas entre mulleres presas e como poden servir de estratexia de supervivencia dentro de prisión. Recorreron quilómetros en busca de testemuñas e participaron en encontros de asociacións de apoio ás persoas presas, espazos seguros onde se denuncia a situación nos cárceres, pero onde non se lles pode grabar nin fotografar.

Hora

(Xoves) 20:10

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

X