Detalles do eventos
Coa súa directora Adriana Páramo Pérez Despois de once anos fóra, Adriana volve a Galicia para enfrontar o baleiro que deixa a morte da
Detalles do eventos
Coa súa directora Adriana Páramo Pérez
Despois de once anos fóra, Adriana volve a Galicia para enfrontar o baleiro que deixa a morte da súa tía. Instálase na súa casa, un lugar cheo de recordos, e comeza a gravar o seu día a día.
Alí xorde, por primeira vez, o desexo de ser nai, e decide emprender en solitario o camiño cara á maternidade. Nesta viaxe íntima, Adriana reconstrúese mentres dá forma a un novo fogar.
Grelei: raíces no teu lar é a primeira longametraxe documental da cineasta e investigadora viguesa Adriana Páramo. A película forma parte da súa tese de doutoramento na Universidade Royal Holloway (Londres), na que analiza a representación do embarazo e do parto na pantalla.
Neste marco acadou recoñecementos como o Premio á mellor comunicación científica no IV Congreso sobre violencia obstétrica (UJI, 2025) e a nomeación aos Learning on Screen Awards de Londres (2024). Páramo conta ademais con experiencia na produción audiovisual, na docencia e como programadora da sección galega do London Spanish Film Festival.
Hora
26 marzo, 2026 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


