Detalles do eventos
Desde a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO), proxectan o documental O silEMcio do rural, que terá lugar o vindeiro martes 27 de maio ás 17:30 horas no
Detalles do eventos
Desde a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO), proxectan o documental O silEMcio do rural, que terá lugar o vindeiro martes 27 de maio ás 17:30 horas no centro Vigosónico, en Valadares.
A documental conta cos testemuños de catorce persoas que conviven con Esclerose Múltiple en distintas localidades situadas no rural galego. No caso da provincia de Pontevedra, usuarios e usuarias de AVEMPO comparten a súa día a día coa convivencia coa ‘enfermidade das mil caras’ na parroquia de Beade e nos concellos de Bueu e Fornelos de Montes.
A proxección do documental enmárcase nas actividades do Día Mundial da Esclerose Múltiple, que se celebra o vindeiro venres 30 de maio.
SINOPSE
No rural galego, onde as distancias alónganse e os servizos escasean, hai voces que apenas se oen… pero están aí. E teñen moito que dicir.
O silEMcio do rural, realizado pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), é unha viaxe ao corazón da Galicia máis silenciosa, onde tamén hai persoas que conviven coa Esclerose Múltiple. Historias reais, silencios que falan, e unha pregunta que ecoa: que pasa cando a distancia convértese nunha barreira?
Catorce entrevistas a catorce persoas con Esclerose Múltiple que viven no rural galego e comparten as súas vivencias, emocións, preocupacións e necesidades. Un relato coral sobre a loita diaria fronte ás distancias físicas… e as barreiras invisibles da enfermidade.

Hora
27 maio, 2025 17:30(GMT+02:00)
Localización
VigoSónico
Camiño do Portal, 36315 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio

