REVISTA ABRIL

26abr11:30Proxección de 'O banco que se creou sen diñeiro'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:30(GMT+02:00) Cooperativa Árbore

Detalles do eventos

O vindeiro 26 de abril, ás 11:30 horas, as persoas socias de Fiare Banca Etica en Galicia celebrarán e compartirán a ledicia dun sono feito realidade…que está de aniversario!

O acto terá lugar na Cooperativa Árbore en Vigo (Rúa López Mora, 30), coa proxección aberta ao público do vídeo-documental O banco que se creou sen cartos, unha produción que mostra os diferentes fitos acadados como cooperativa bancaria de finanzas éticas ao longo destes dez anos de historia.

Máis de 47.000 persoas socias apoian un proxecto centrado en dar crédito ás persoas e ao planeta, buscando transformar a comunidade mediante o apoio financeiro de proxectos cun claro impacto social e ambiental positivo: Máis de 67.000 persoas beneficiarias de sevizos sanitarios, socioasistenciais e socioeducativos; máis de 4.000 migrantes acollidos, máis de 70.000 toneladas de CO2 menos no planeta…. máis de 110.000 clientes que viven tranquilos sabendo que os seus aforros son adecuadamente invertidos.

Máis

Hora

26 abril, 2025 11:30(GMT+02:00)

Localización

Cooperativa Árbore

Rúa López Mora, 30, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events