BANNER CANS
BANNER GALAXIA

05mai19:50Proxección de 'A Foreign Song' e coloquioACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 5,00 €19:50(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

A proxección especial de A Foreign Song, o último filme do director galego César Souto, terá lugar o luns 5 de maio ás 19:50h nos Multicines Norte, logo de ser adiada por mor do apagón que afectou á súa celebración a semana pasada. A sesión contará coa presenza do propio cineasta, que participará nun coloquio posterior co público.

Este documental mergúllase na obra do poeta estadounidense Wallace Stevens, unha das figuras máis singulares do modernismo literario. A través dunha mirada íntima e coidada, o filme explora os territorios da identidade, a creación e a memoria.

A Foreign Song está producida por Matriuska Producciones, unha das produtoras galegas máis recoñecidas no ámbito do cinema de autor. Cun catálogo que aposta por obras cunha forte pegada artística e sensibilidade contemporánea, Matriuska avala unha vez máis, con este proxecto, o seu compromiso cun cine valente, poético e internacional.

O filme foi recoñecido co Premio á Mellor Película Española e Mellor Dirección no Festival Internacional de Cine de Xixón 2022, ademais de ser finalista nos Premios Mestre Mateo 2023 nas candidaturas a  Mellor Documental, Dirección de Fotografía e Dirección de Produción.

Esta cita en Vigo representa unha oportunidade única para achegarse a un cinema de alta calidade artística, acompañado da visión persoal do seu director nun coloquio aberto ao público.

Máis

Hora

5 maio, 2025 19:50(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events