XERAIS

27mar19:30Proxección + coloquio documentario 'Nortear'ESPECTÁCULOS | De balde 19:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

– onde é que está o Norte?
Todos os corpos
collen no meu corpo. O corpo
arquivo da memoria
das nais
das nais das nosas nais, e das nais das outras
das súas renuncias
do sometemento do seu ánimo
da extracción da súa forza de traballo
E eu que só quero escoitar o rouco bater das ondas…
Véxome
nese espello, no repetir do xesto
o puño
alzado
liberar os corpos, rescatar o mar
é o único que importa
E eu que só quero escoitar o rouco bater das ondas…
– onde é que está o Norte?

Hora

27 marzo, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events