Proxección 'Alegría'
Detalles do eventos
O festival The Wild Fest inclúe cada ano na súa programación o festival de cinema medioambiental The Wild Cinema, un certame único en Galicia que proxecta curtas e
Detalles do eventos
O festival The Wild Fest inclúe cada ano na súa programación o festival de cinema medioambiental The Wild Cinema, un certame único en Galicia que proxecta curtas e longas protagonizadas pola natureza e que pon o foco na necesidade de coidar o medio ambiente e as consecuencias do seu maltrato.
Este venres 16 de xuño, farán unha proxección previa especial na Asociación de Veciños San Miguel de Oia ás 20h.
O filme elixido é Alegría, unha produción de Ecoloxistas en Acción Galicia de 2022, sobre as consecuencias do Prestige na Costa da Morte. Está dirixida por Luis Otero coa produtora pontevedresa URCO.
O festival continuará do 23 ao 25 de xuño no Parque Forestal de San Miguel de Oia. O venres e o domingo a entrada é de balde. Máis información aquí.
Máis
Hora
16 xuño, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
AV San Miguel de Oia
36390, Camiño Currás, 34, 36390 Oia, Pontevedra
Séguenos nas redes