bannerSGPL

febreiro, 2020

18feb19:00Programando chips cuánticos con VueACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

De que van falar esta vez?
Pois van falar de tecnoloxías web. Concretamente sobre Vue, un framework que lle bota un pulso aos outros dous grandes: Angular e React.

Quen vén dar a charla?
Nesta ocasión contamos co gran Toni Martínez como relator.

Toni traballa como Desarrollador en IBM Research, desde fai máis dun ano na parte de Computación Cuántica como desarrollador FrontEnd. Nos seus 13 anos de experiencia na Industria do software traballou en distintas contornas e plataformas, desde backend, frontend, mobile… e con distintas linguaxes de programación.

Ademais, é organizador de GDG Ourense e foi organizador do último GDG DevFest Galicia.

Descrición da charla

En IBM Research usan Vue para facer accesible e sinxela a programación de chips cuánticos a través da plataforma http://quantum-computing.ibm.com/. Nesta charla falarán de como usan Vue para poder crear un programa cuántico de maneira interactiva utilizando o “Composer” desenvolvido polo seu equipo.

Falarán de:
– Que é Vue e que diferenzas ten respecto outros frameworks.
– Características destacables de Vue.
– Como escribimos un programa cuántico
– Que proceso seguimos para, a partir dun “script” cuántico crear a súa representación gráfica (e viceversa).
– Como creamos o composer e en que nos axudou Vue.

Axenda

19:00 Benvida
19:30 Programando chips cuánticos con VUE con Toni Martínez
20:00 Rolda de preguntas e peche

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X