REVISTA ABRIL

PROCESSI 148

10nov(nov 10)11:0005feb(feb 5)21:00PROCESSI 148ARTE E MUSEOS | De balde(novembro 10) 11:00 - (febreiro 5) 21:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, no ano da celebración do seu 20º aniversario, inaugura en España a exposición MARCO. Academia Roma. Processi 148, en coprodución coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Academia de España en Roma. A mostra, comisariada por Enrique Bordes, reúne un conxunto de obras e proxectos desenvolvidos polos 21 artistas que, na promoción 2020-2021, residiron no complexo conventual de San Pietro in Montorio, sede da Academia de Roma. Este proxecto poderá visitarse en Vigo dende o 10 de novembro de 2022 ata o 5 de febreiro de 2023.

MARCO. Academia Roma. Processi 148 reúne, nunha mesma exposición, proxectos de moi diversas disciplinas que van dende a pintura ao deseño de moda, pasando polas artes escénicas, fotografía, gravado, videoarte, literatura, música, mediación artística, escultura e gastronomía. É o resultado de meses de traballo, de concepción de ideas retroalimentadas e experiencias compartidas froito do programa anual de bolsas que convoca o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), que formula unha presentación colectiva destes traballos en Italia e en España.

Camiño de 150 anos de historia, os creadores e investigadores que pasaron polos muros da Academia superan xa os 1.000 e, como dato relevante e histórico, esta edición que cumpre a 148, é a primeira que conta cunha presenza maioritaria de mulleres creadoras.

Durante estes meses, as salas do MARCO converteranse nun inmenso escaparate da creación contemporánea que permitirá ao visitante transitar por diversas linguaxes artísticas en diferentes espazos do museo.

Tomando a testemuña do Azkuna Zentroa Alhóndiga de Bilbao, a presenza desta exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo certifica o compromiso da AECID e a Academia de España en Roma de continuar impulsando a idea de fomentar e difundir en diferentes lugares o resultado creativo dos artistas residentes en Roma.

A Academia de España en Roma

Fundada en 1873, o obxecto principal da Real Academia de España en Roma, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, é contribuír á formación artística e humanística a través da creación e a investigación.

Tras 149 anos de vida, segue renovándose como centro de producción artística e de xeración de coñecemento. Un espazo de encontro para creadoras e creadores que desenvolven os seus proxectos inmersos entre a tradición do seu conxunto monumental (o complexo conventual de San Pietro in Montorio) e a innovación constante dunha sociedade global e tecnolóxica. Máis de 1.000 residentes conviviron en Roma e xeraron relacións nunha retroalimentación permanente que constitúe un dos seus sinais de identidade.

Dende hai oito anos conta con axudas á produción da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Desta forma convértese nunha das residencias artísticas máis importantes de España, similar a outros centros de creación de referencia internacional.

Por medio das convocatorias anuais abriuse a Academia a novas disciplinas como fotografía, videocreación, gastronomía, arte e novas tecnoloxías, deseño de moda, deseño gráfico, banda deseñada ou mediación artística.

Actualmente estanse a levar a cabo unha serie de melloras que sitúan aos artistas e investigadores da Academia como protagonistas da institución, co obxectivo de converter a Academia nun centro de referencia en produción artística e en investigación.

Horarios apertura

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 14.30

Máis

Hora

Novembro 10 (Xoves) 11:00 - Febreiro 5 (Domingo) 21:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events