Detalles do eventos
O Real Club Náutico de Vigo acolle a primeira Listening Party dedicada a Taylor Swift, en Galicia. Trátase dun punto de encontro para os swifties, organizado por @vigodelicioso
Detalles do eventos
O Real Club Náutico de Vigo acolle a primeira Listening Party dedicada a Taylor Swift, en Galicia. Trátase dun punto de encontro para os swifties, organizado por @vigodelicioso (en Instagram), un proxecto local.
A velada comezará coa escoita íntegra do novo disco, The life of a showgirl, acompañada da proxección das letras en inglés e en castelán para desfrutar cada canción ao detalle. Tras a escoita, os asistentes poderán gozar dun catering salgado, a cargo de El Molino, dun corner de viño de Bodegas As Laxas e dunha mesa doce, deseñada por Los dulces de Albita.
A ambientación do evento contará cun fotomatón (In Love Events) e una 360 aérea (Garaje Mágico). Completarase cunha decoracións inspirada no universo visual de Taylor, sorteos, agasallos exclusivos e as xa icónicas dinámicas swifties (intercambio de friendship bracelets e un dresscode inspirado na nova era).
En definitiva, promete ser unha experiencia íntima (aforo limitado), feita por e para fans desta artista estadounidense.
Hora
4 outubro, 2025 20:12(GMT+02:00)
Hoxe móvese
agosto


