Primavera do cine: VII Encontro Arraianos de Cinema – A Movida

maio, 2018

09mai11:00Primavera do cine: VII Encontro Arraianos de CinemaFESTIVAL DE CINE | De balde11:00 Instituto Camões

Máis

Detalles do evento

Os Encontros Arraianos de Cinema nacen no ano 2016 co obxectivo de promover a creación de redes de colaboración e intercambio entre Cineclubes e Festivais de cine de Galicia e Norte de Portugal, España e Brasil, contribuir a difundir a identidade arraiana e estimular o diálogo cultural e por enriba das fronteiras.

Promovidos polo Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, Arraianos Producións e AO NORTE Cineclube Viana, nos Encontros Arraianos de Cinema colaboran xa numerosos cineclubes e festivais, axentes públicos e privados, universidades, productoras e outros colectivos de Galicia, Norte de Portugal e Brasil, que participaron na última xuntanza desta rede en Melgaço, dentro do Festival Filmes do Homem.

Os VII Encontros Arraianos do Cinema vanse celebrar en colaboración co Festival Primavera do Cine, que este ano acolle unha xuntanza no salón de actos do Instituto Camões de Vigo, o 9 de maio, onde van estar representantes representantes dos cineclubes, festivais de cinema e as universidades que levan xa un par de anos traballando na desfronteirización con “insistencia arraiana”.

Os VII Encontros Arraianos de Cinema procurarán o intercambio de materiais de traballo a través dunha posta en común co obxectivo de chegar a propostas colaborativas concretas. Por exemplo, a creación dunha base de datos que contemple institucións e eventos relacionados coa cultura arraiana ou a posibilidade de presentar unha candidatura conxunta para a consecución de fondos europeos interrexionais.

Hora

(Mércores) 11:00

Lugar

Instituto Camões

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X