REVISTA ABRIL

Primavera do Cine (Aud. Municipal)

18set18:0022:00Primavera do Cine (Aud. Municipal)FESTIVAIS E FEIRAS | 4,00€18:00 - 22:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

18:00 Reboiras, acción e corazón, de Alberte Mera

Na madrugada do 12 de agosto de 1975 é asasinada a última vítima galega da ditadura franquista. Con só 25 anos, Ramón Reboiras Noia recibiu múltiples disparos da policía en Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

20:00 As mortes, de Cristóbal Arteaga

Roxelio e Maruxa viven nunha pequena poboación galega. Roxelio é agricultor. Maruxa ten unha enfermidade crónica. Roxelio non coñece a Maruxa. Maruxa non coñece a Roxelio. Roxelio matou a Pilar. Maruxa tamén. A nova película de Cristóbal Arteaga, quen xa participou neste festival en varias ocasións, convídanos a gozar dunha grata experiencia audiovisual que atrapa co seu ritmo cadencioso, rodada en galego e unha marabillosa fotografía en branco e negro.

22:00 Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron

Eva e Antonio coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada. Pasados uns meses, casaron e tiveron unha filla: Alejandra. Hoxe Alejandra medrou, prefire que lle chamen Álex e soña con converterse en cineasta. Logo de rematar os seus estudos en Barcelona volve a casa para rodar un documental sobre a vida dos seus pais. Pero agora Eva e Antonio están divorciados, e a antiga discoteca onde se coñeceron é un supermercado Eroski.

19.30 Café Candelas con CREA, no Hotel Bahía

Máis

Hora

(Venres) 18:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events