novembro, 2019

02nov22:00PresumidoCONCERTOS | Desde 10,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Xira de presentación de CUATRO ESTACIONES, segundo LP de Presumido.

Un show que cobre un rango de frecuencias emocionais moi amplo, no que o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.

Presumido é unha ponte entre o pasado, presente e futuro do Electropop, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica. As súas influencias son todas internacionais (James Blake, Foster The People, Taylor Swift, Bon Iver, Apparat…) salvo unha, Tino Casal, a quen admira e reivindican como máximo expoñente español do pop electrónico.

O seu primeiro longo, lanzado en xaneiro de 2017, Vendetta, foi un dos discos máis galardoados a nivel nacional en 2017: Top 1 Virales de España en Spotify durante varios días, Top 50 durante máis dun mes, Mellor Disco 2017 para Mondo Sonoro na edición castellanoleonesa e galega e foi tamén “melocotonazo da semana” en Hoy Empieza Todo de Radio3. En definitiva, estivo entre os mellores discos de 2017 para máis de 20 medios.

Despois deste primeiro traballo, empeñaron os seus instrumentos para lograr a carta de liberdade da que era a súa compañía, e isto levoulles a crear un crowdfounding para poder recuperalos, conseguíndoo moito antes do esperado: unicamente en dúas semanas.

Agora mesmo, atópanse en plena produción, gravación e publicación do que será o seu segundo traballo, un longo conformado por 4 EPs que representarán cada unha das estacións, dos cales xa publicaron “Invierno”, “Primavera” e “Soñar a la carta”, single do terceiro EP, “Verano”. O proxecto Cuatro Estaciones publicarase ao completo no outono e levará ao directo cun show totalmente renovado respecto a o que nos teñen afeitos (novos instrumentos e cacharros, nova escenografía…).

Presumido está igualmente empapado de artesanía I+D+i, xa que constrúen os seus propios instrumentos e luces para lograr o son e escenografía que buscan.

Se queremos buscar a evolución entre Vendetta e este novo traballo, podemos destacar a situación actual de autoedición: o non estar condicionados por ningún tipo de selos permitiulles experimentar máis e buscar novos límites. Definitivamente, atoparon o seu estilo e o seu lugar na música.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X