OV430

13dec12:00Presentación 'Zadym' de Moon CrestaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Discos Elepé

Detalles do eventos

MOON CRESTA dedica en Vigo o sábado día 13 de decembro, en dobre sesión, a presentar o seu “discómic”, ZADYM: Preámbulo do seu concreto presentación na cidade do 27 de decembro. Será en Discos Elepé en horario matutino (12:00 h.) e ás 20:00 h. en “A Casa de Arriba”.

A banda de funk-rock viguesa MOON CRESTA levará a cabo este sábado 13 de decembro dúas presentacións diferentes do seu novo traballo, “Zadym”, que se presenta coma o primeiro “discómic”, un formato inédito que une álbum musical e novela gráfica.

Ás 12:00 h. a icónica tenda de discos “Elepé” converterase en escenario dun breve “show-case” no que se poderá escoitar unha escolla de temas pertencentes a este novo lanzamento. 

Xa ás 20:00 h., a banda, xunto co ilustrador Raúl Maya, artífice da banda deseñada desde proxecto darán unha charla-presentación explicativa do proxecto que incluirá tamén un breve concerto acústico.

Námbolos dous actos poderanse adquirir exemplares, asinalos, e tamén adquirir entradas para o seu inminente concerto-presentación en Vigo do día 27 de decembro na sala Masterclub. 

Hora

13 decembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Discos Elepé

Rúa do Doutor Cadaval, 35, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events