CAMELIAS NADAL

27nov20:00Presentación 'Zadym', de Moon Cresta e Raúl MayaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

MOON CRESTA continúa presentando o seu discómic “ZADYM”: rock e novela gráfica nunha mesma historia.

A banda de funk-rock viguesa leva xa un bo feixe de charlas-presentación do seu proxecto, co que rompen fronteiras creativas. O seu novo traballo, “Zadym”, preséntase como o primeiro discómic, un formato inédito que une álbum musical e novela gráfica.

Tendas de cómic como Banda Deseñada (Vigo), librarías como Berbiriana (A Coruña), El Argonauta (Madrid), festivais de cinema como o Curtas de Vilagarcía, institutos de Educación Secundaria… xa acolleron estas presentacións. Agora tócalle á asociación cultural Évame-Oroza, situada no Casco Vello alto da cidade de Vigo.

O acto estará introducido polo escritor Pedro Feijoo, e a charla será realizada por membros da banda Moon Cresta así como polo ilustrador e debuxante da obra, Raúl Maya “El Flako”.

Xoves 27 de novembro na Asociación Évame-Oroza (Vigo) (Subida á Costa, 5) ás 20:00 h.


Hora

27 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events