Detalles do eventos
MOON CRESTA dedica en Vigo o sábado día 13 de decembro, en dobre sesión, a presentar o seu “discómic”, ZADYM: Preámbulo do seu concreto presentación na cidade do
Detalles do eventos
MOON CRESTA dedica en Vigo o sábado día 13 de decembro, en dobre sesión, a presentar o seu “discómic”, ZADYM: Preámbulo do seu concreto presentación na cidade do 27 de decembro. Será en Discos Elepé en horario matutino (12:00 h.) e ás 20:00 h. en A Casa de Arriba.
A banda de funk-rock viguesa MOON CRESTA levará a cabo este sábado 13 de decembro dúas presentacións diferentes do seu novo traballo, “Zadym”, que se presenta coma o primeiro “discómic”, un formato inédito que une álbum musical e novela gráfica.
Ás 12:00 h. a icónica tenda de discos Elepé converterase en escenario dun breve “show-case” no que se poderá escoitar unha escolla de temas pertencentes a este novo lanzamento.
Xa ás 20:00 h., na Casa de Arriba, a banda, xunto co ilustrador Raúl Maya, artífice da banda deseñada desde proxecto, darán unha charla-presentación explicativa do proxecto que incluirá tamén un breve concerto acústico.
En amvos actos poderanse adquirir exemplares, asinalos, e tamén adquirir entradas para o seu inminente concerto de presentación en Vigo do día 27 de decembro na sala Masterclub.
Hora
13 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra


