
Presentación 'Xe'
09nov19:00Presentación 'Xe'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) A Morada
Detalles do eventos
Xe é un álbum de Lara Boubeta Bamio ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa
Detalles do eventos
Xe é un álbum de Lara Boubeta Bamio ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser.
Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.
Unha identidade que fuxe dos mandatos ou expectativas sociais, e que abraza o propio sentimento individual. Xe é un exemplo de reivindicación e exposición da realidade das persoas intersexuais. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás. Un lugar no que xerar debate e facernos a preguntas.
Máis
Hora
9 novembro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes