REVISTA SETEMBRO

Presentación 'Versos violentos'

23xan19:00Presentación 'Versos violentos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Este libro está repleto de denuncia e non se para en florituras ou versos lindos ou versos encriptados que non se poidan entender. Este libro faise entender e alude a todas as problemáticas que xeneran o estado, o capital e o patriarcado. É un libro cuns poemas moi longos, ao estilo beat dirían algunhas, e cunha rabia moi potente contra todo o que sucede ás desfavorecida. A propia autora ilustra o libro con debuxos, colaxes e fotomontaxes cargados tamén de denuncia e humor negro.

A partir da experiencia colectiva, Iria Bragado denuncia a explotación sexual e reprodutiva (“Insert coin” e colla o que queira), denuncia a medicalización, a psiquiatrización e a industria farmacolóxica (coas súas “Pílulas”), denuncia a hipersexualización e a deriva obsesiva da sociedade co sexo (“O opio do pobo”). Porén, non queda unicamente na visión acomodada e pesimista desta sociedade, no puro fatalismo. Iria Bragado morde pero tamén arrola. Nese arrolar atopa a reivindicación. Reivindica o corpo, reivindica todos os procesos femininos que nos pretenden arrebatar en favor dos intereses do momento. Somos corpo, somos “Carne” e dende a carne buscamos a xustiza. A xustiza pola man. Polas nosas mans de mulleres e polas nosas mans de obreiras.

Máis

Hora

23 xaneiro, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events