REVISTA NADAL

12dec20:00CANCELADO | Presentación ‘VERSOS E LÚAS. Poemas das criaturas máxicas de Galicia’ ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Presentación do poemario ‘VERSOS E LÚAS. Poemas das criaturas máxicas de Galicia’ ✨
Con Rochi Novoa. Acompaña a autora Vanessa Glemsel.

Entre as páxinas de ‘Versos e Lúas’ agardan versos que danzan coa maxia das criaturas mitolóxicas galegas: seres lendarios que viven entre o soño e a historia, entre o real e o misterioso.

Unha presentación para grandes e pequen@s dun libro creado para gozar en familia. Vén descubrir, da man da autora Rochi Novoa, os seres que habitan os espazos máis máxicos da Galiza.

🖋 Sobre Rochi Novoa Vázquez (Xunqueira de Ambía, 1975):
Mestra, poeta, narradora, pintora, letrista e activista cultural. Artista de corpo enteiro, percorre palabra, cor e música cunha forte vontade de unir emoción e conciencia social.

Autora de poemarios como ‘Cos pés na terra e a alma na lúa’ (2009), ‘Sen ti son Eu’ (2012), ‘Muller de Papel’ (2015), ‘MaXic’ (2020), ‘Punk-dereta’ (2021), ‘Diagnóstico Poético. Os versos que levas dentro’ (2023) ou ‘Arame e fío’ (2024), a súa obra destaca pola integración de poesía, música e imaxe.

Fundadora de asociacións locais, promotora de recitais e impulsora da recuperación do Entroido tradicional da súa terra, a súa traxectoria é un diálogo constante entre arte e vida.

Hora

12 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events