
Detalles do eventos
O martes, 21 de marzo ás 20:00 horas, acolleremos a presentación do libro de Joseba Sarrionandia, “Unha volta ao mundo”, editado por Kalandraka. Unha nena
Presentación 'unha volta ao mundo'
O martes, 21 de marzo ás 20:00 horas, acolleremos a presentación do libro de Joseba Sarrionandia, “Unha volta ao mundo”, editado por Kalandraka.
Unha nena pídelle á súa avoa, profesora de Historia a piques de xubilarse, que lle relate «unha historia de verdade». E así, a avoa comeza a narrar a historia da volta ao mundo que no século xvi realizaron Magallanes e Elcano. As preguntas e observacións da nena converterán a crónica da antiga travesía nun motivo para explicar, con tenrura e humor, outras moitas historias reais sobre este estraño planeta no que vivimos. A través do diálogo, ‘Unha volta ao mundo’ ofrece respostas e sobre todo preguntas para tratar de entender temas tan complexos como as relacións de poder, as diferenzas culturais, a desigualdade, a memoria histórica, o racismo, o machismo ou a globalización.
Intervirán o autor da obra Joseba Sarrionandia e Xosé Ballesteros, director da editorial.
Máis

(Martes) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra