Detalles do eventos
A Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, en Vigo, acollerá a presentación de “Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017”, un volume que recolle a obra poética completa
Detalles do eventos
A Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, en Vigo, acollerá a presentación de “Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017”, un volume que recolle a obra poética completa de Xosé Luís Franco Grande (Tebra, Tomiño 1936 – Vigo, Pontevedra 2020).
A edición, ao coidado de Teresa Seara, reúne os catro poemarios publicados polo autor, “Entre o si e o non” (1967), “O tempo á espreita” (1987), “Xoguetes do tempo” (2015) e “Libro das abandonadas” (2017), e ofrece un percorrido vital e literario pola súa procura da identidade, dende o existencialismo e o fatalismo dos primeiros anos ata a paixón e o desamor da súa etapa final.
Esta presentación supón tamén unha homenaxe á traxectoria e á voz poética de Franco Grande, integrante da xeración das Festas Minervais e colaborador histórico do proxecto cultural de Galaxia, que fixo da lingua e da reflexión sobre o tempo e a identidade o eixo da súa creación literaria.
Hora
23 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



