BANNER CANS
BANNER GALAXIA

27xuñ19:00Presentación 'Un cortocircuito formidable'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Presentación do libro “Un cortocircuito formidable. De los Kinks a Merzbow: un continuum del ruido” de Oriol Rossel.

O ruído é música? Esta pregunta, que tempo atrás respondeuse cun «non» rotundo, nas últimas décadas converteuse nunha afirmación crucial para entender diferentes ámbitos da creación sonora tanto na música experimental como na popular. Pero non é unha cuestión meramente recente: o ruído percorreu de forma soterrada toda a historia da música do século XX, desde as primeiras vangardas que o reivindicaron como forma artística, especialmente o futurismo, ata a actualidade. Aspectos estéticos como a distorsión, a saturación do volume, a superposición de capas de instrumentos ata lograr unha sensación de caos, a desafinación e a procura dos límites máis extremos do son marcaron a evolución de moitos xéneros musicais, e resultaron un medio de expresión eficaz para varias xeracións de mozas que querían manifestar o seu descontento cara á orde establecida.

No seu primeiro ensaio, o xornalista cultural Oriol Rosell leva a cabo o ambicioso proxecto de seguir o rastro do ruído na música popular, e faio de maneira libre e transversal, sen pretender ser exhaustivo pero proporcionando a cada paso un marco histórico e sociolóxico tan ameno como conveniente. Así, empeza coa aparición da distorsión no rock –a través da banda inglesa The Kinks–, percorre a normalización do ruído no rock independente e expande a súa mirada cara a escenas como o black metal, o japanoise, a improvisación libre, a música industrial e diferentes fenómenos marxinais que provocaron un curtocircuíto formidable na nosa comprensión do acto musical. Por estas páxinas asoman figuras como Merzbow, Throbbing Gristle, Mayhem, The Jesus and Mary Chain e outros nomes esenciais que nos desafían a entender o son non só como fonte de pracer, senón tamén como mostra de dor, exceso e acto de resistencia.

Máis

Hora

27 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events