CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Presentación 'Un bacalao por bandera'

21nov20:00Presentación 'Un bacalao por bandera'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

O escritor Xosé Cermeño presenta en Librouro o seu último ensaio ‘Un bacalao por bandera’. Estará acompañado polo xornalista Tomás Alonso. A cita é o xoves 21 ás 20:00h na libraría Librouro.

O novo libro de Xosé Cermeño, ‘Un bacalao por bandera’recolle as historias máis asombrosas sobre un peixe que marcou a política, a economía e a cociña no mundo. Trátase dun ensaio literario, dividido en pequenos capítulos, que nos conta como o Gadus morhua converteuse nun símbolo da industria, a cociña e a identidade dos pobos. O libro percorre con amenidade acontecementos e personaxes moi variados : desde os navegantes viquingos – con Erik o Vermello á cabeza- aos navegantes españois, portugueses, franceses e británicos que cruzaron o océano para atopar os grandes bancos de Terranova e Labrador ; desde os cineastas – como John Huston ou Spencer Tracy- que se ocuparon deste peixe ata os escritores como Jules Verne, Josep Pla ou Rudyard Kipling.

Xosé Cermeño é escritor, guionista e director de programas de televisión. É o creador e guionista da primeira serie de comedia da TVG e un dos programas máis lembrados e exitosos da cadea, Pratos Combinados, e do popular programa de cociña Larpeiros, cuxos libros, ideados por Cermeño, venderon máis de 100.000 copias. Como escritor publicou tres ensaios, media ducia de libros infantís e unha novela Días felices con Fabia (Galaxia, 2023).

Máis

Hora

21 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events