Presentación 'Tres poetas en estado de alarma'
Detalles do eventos
Presentación, organizada por Edicións Laiovento, do libro de Carlos Negro, Vítor Vaqueiro e X.M. Álvarez Cáccamo “Tres poetas en estado de alarma”. Durante o acto, os autores estarán
Detalles do eventos
Presentación, organizada por Edicións Laiovento, do libro de Carlos Negro, Vítor Vaqueiro e X.M. Álvarez Cáccamo “Tres poetas en estado de alarma”. Durante o acto, os autores estarán acompañados por Xavier Queipo. A presentación terá lugar o mércores 22 de xullo ás 20:00h na libraría Cartabón. Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforo estará limitado a 15 persoas no local. Obrigatoriedade do uso da máscara.
E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María Álvarez Cáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D’Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras.
Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aquí leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días.
Máis
Hora
22 xullo, 2020 20:00(GMT+02:00)
Localización
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes