CONGRESO MAR >

21mai19:30Presentación: 'Teotzin'ACTIVIADES PARA O COCO |De balde19:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Teotzin é un libro de poesía que explora a disolución do eu e a experiencia de pertenza a unha realidade máis ampla. A través dunha escrita que se move entre o corporal, o simbólico e o intuitivo, propón un percorrido non lineal por un proceso de transformación cheo de ambigüidade, repetición e tránsito entre estados. Lonxe de discursos teóricos, Teotzin nace da experiencia e da observación, atravesando temas como o corpo, a memoria, o ancestral e a necesidade de reconectar con formas de percepción menos mediadas.

Elvira Jardón é escritora e fotógrafa galega. O seu traballo sitúase na intersección entre poesía, exploración simbólica e investigación sobre a percepción ligada ao corpo e á intuición. Autora de Una mujer fácil e Caza mayor, continúa en Teotzin unha liña que amplía a poesía como ferramenta de experiencia e percepción. A súa obra fotográfica, premiada e exposta en diversos espazos, afonda tamén na natureza, a emoción e a beleza secreta do cotián.

Hora

21 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events