bannerSGPL

febreiro, 2020

17feb20:00Presentación 'Tantos anos de silencio' de Francisco CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 El Corte Inglés

Máis

Detalles do evento

Francisco Castro presenta o luns 17 de febreiro o seu novo traballo ‘Tantos anos de silencio’.

A cita será ás 20.00h no salón do restaurante de El Corte Inglés e estará presenatdo por Pati Blanco.

Anxela acepta dirixir unha escavación nunhas fosas comúns da Guerra Civil no pazo de Flavia, en Galicia, onde segundo a memoria colectiva producíronse torturas e execucións múltiples. Ao abrir as fosas, Anxela e o seu equipo atopan os restos de seis persoas asasinadas. Pero, ademais, no mesmo espazo, algo afastado, aparece tamén o esqueleto perfectamente conservado dunha muller cun libro. Como morreu esa muller? Quen era? Que segredos oculta o propietario do pazo, o exmilitar Darío Rocha? A resposta desvélase nunha narración que alterna a investigación no presente de Anxela —que á súa vez foxe da devastadora experiencia dun matrimonio marcado polos malos tratos e a violencia— e a sucesión dos feitos que tiveron lugar no pazo en 1936.

Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor. Na actualidade é o director xeral da Editorial Galaxia. Foi presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ( Gálix). É tamén comentarista na prensa galega e catalá, e na radio e televisión públicas de Galicia. Autor de longa traxectoria, posúe a práctica totalidade dos premios literarios de Galicia e algunhas das súas obras han entradoen a prestixiosa Lista IBBY que recoñece os mellores libros do mundo no ámbito literario infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas.

Hora

(Luns) 20:00

Lugar

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

X