REVISTA NADAL

Presentación 'Son da cidade' + concerto

22dec20:00Presentación 'Son da cidade' + concertoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Dentro do programa de actividades do primeiro aniversario da Galería Maraca, Pablo Vázquez e Denis Carballás presentarán o seu libro Son da cidade, un repaso ás últimas dúas décadas de música viguesa. Tamén estarán os músicos Ibán Marciano e Tony Lomba, que intepretarán unhas cancións acompañados polos autores.

SINOPSE

A QUE SOA VIGO? Son da Cidade é o libro sobre a música local viguesa do século XXI. Que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica? Do rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical. De sempre, Vigo gozou dunha importante tradición musical. Mesmo antes da Movida dos oitenta, a urbe galega non deixou de acoller o talentosos artesáns do son. Malia que a súa sona mediática sexa menor, na actualidade conta cun potente e diverso abano creativo, con artistas de referencia nos seus respectivos estilos. Dunha maneira visualmente atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pioneiro pretende divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo.

Máis

Hora

22 decembro, 2022 20:00(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events