VIALIA
bannerPicnicSesions

Carla Lourdes: presentación single + concerto

30mar21:00Carla Lourdes: presentación single + concertoCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) La Marujita Vigo

Detalles do eventos

A artista ponferradina afincada en Vigo estrea o próximo 30 de marzo ‘Papel para Almodóvar’, o seu novo sinxelo. A canción é o primeiro lanzamento dos dous que sairán antes de verán, e nela volve contar con Raúl Ben na produción, co cal leva facendo equipo artístico desde 2021. Escrita desde o despeito, a letra convida o empoderamento e ao autocuidado.

A estrea estará acompañado dun evento exclusivo o mesmo xoves 30 de marzo en Vigo, en La Marujita, un local situado na rúa Policarpo Sanz, que contará para a ocasión co patrocinio de Padró & Co., a marca catalá de vermú. Nesa noite tan especial, proxectarase por primeira vez o videoclip da canción e a artista dará un concerto acústico repasando o seu repertorio, no que participarán tamén convidados moi especiais.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

La Marujita Vigo

Rúa Policarpo Sanz, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events