>

05set11:30Presentación + Sinatura de Pedro NascimentoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 11:30(GMT+02:00) Banda Deseñada

Detalles do eventos

A banda deseñada portuguesa chega a Banda Deseñada coa visita do debuxante Pedro Nascimento, que presentará Tales from Nevermore e asinará exemplares da obra a partir das 11:30 h.

Creado xunto a Manuel Monteiro e publicado por Ala dos Livros, o álbum propón unha antoloxía de relatos de terror gótico que bebe do universo de Edgar Allan Poe, das revistas clásicas de horror como Creepy e da estética de autores como Bernie Wrightson.

A obra, que contou con varias edicións en Portugal e foi recoñecida con diferentes premios durante 2026, recupera o espírito do relato victoriano cunha edición moi coidada, incluída unha portada troquelada, e unha sucesión de historias sombrías arredor do medo, a morte e o macabro.

Durante o encontro, Nascimento falará do proxecto e dedicará exemplares aos asistentes.

Hora

5 setembro, 2026 11:30(GMT+02:00)

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events