
29mai19:30Presentación 'Siete balas para la Muerte'19:30(GMT+02:00) Galería Maraca
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 29 de maio ás 19:30h, a Galería Maraca abrirá as súas portas á presentación de Siete balas para la Muerte, a primeira novela de J.
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 29 de maio ás 19:30h, a Galería Maraca abrirá as súas portas á presentación de Siete balas para la Muerte, a primeira novela de J. Annwinn, unha prometedora incorporación á literatura fantástica contemporánea.
Cunha voz propia que combina a escuridade do terror coa riqueza do worldbuilding fantástico e unha boa dose de humor negro, Siete balas para la Muerte inaugura a ambiciosa Saga dos Tres Reyes.
A novela preséntanos a un grupo de personaxes tan temibles como fascinantes:
Un señor do crime temido por homes e monstros por igual.
Un pistoleiro demoníaco canso de vivir pero incapaz de morrer.
Unha anomalía mística que pode arrincar almas coas mans espidas.
Un forxador rúnico en posesión dunha misteriosa reliquia milenaria.
Unha espadachina que pode converterse nun exército a vontade.
Un reporteiro de guerra estranxeiro disposto a perseguir unha exclusiva ata o inferno.
Xuntos deberán atopar a forma de matar á Morte… se é que non se matan antes entre eles.
Sobre o autor
J. Annwinn naceu (ás agachadas) en Santiago de Compostela en 1996. Desde pequeno mostrou máis interese pola mitoloxía e a historia que polo fútbol, e escribiu o seu primeiro libro aos 12 anos —unha obra que, segundo a súa propia crítica familiar, era un plaxio case íntegro do Señor dos Aneis. Desde entón, colaborou con relatos en múltiples antoloxías, certames e revistas.
Cando non está a escribir (o cal ocorre en raras ocasións), dedícase a tocar o baixo eléctrico, xogar a xogos de rol ou practicar esgrima histórica.
Máis
Hora
29 maio, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual