UVIGO
FILLOAS

Presentación 'Sempre libres e vivas'

29nov20:00Presentación 'Sempre libres e vivas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

“Sempre libres e vivas” é unha obra que recolle a historia e o impacto da campaña “en negro contra as violencias machistas”. Unha acción social que naceu en Santiago de Compostela no 2015 para logo estenderse por máis de cen concellos de Galicia sendo acollida tamén noutras Comunidades Autónomas do 2016 en diante.

Este libro é máis que unha simple crónica, podería definirse case como un manual práctico para crear campañas de sensibilización e un canto á esperanza e a loita colectiva baseado nesta campaña que, desde o seu inicio en 2015 ata o seu peche en 2022, alcanzou un nivel de repercusión sen precedentes, sumándose á iniciativa 148 municipios, 235 colectivos sociais, 72 centros educativos, 290 empresas e miles de establecementos comerciais.

A súa autora, Uqui Permui, nacida en Barallobre (A Coruña) en 1964, é unha referente no deseño gráfico galego. A súa traxectoria profesional centrouse en proxectos cun marcado carácter social, utilizando o deseño como unha ferramenta para transformar a realidade. Graduada na Universidade Aberta de Cataluña, Uqui desenvolveu unha ampla experiencia no deseño de campañas de comunicación, identidade corporativa e publicacións, sempre cun enfoque innovador e comprometido. Con “Sempre libres e vivas”, a autora profunda no seu interese polos temas de xénero e xustiza social, ofrecendo unha obra que convida á reflexión e á acción.

Máis

Hora

29 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events